Caguama Instituto de Migracións Ecosociais logo

Caguama Instituto de Migracións Ecosociais jobs and careers

About Caguama Instituto de Migracións Ecosociais

CAGUAMA Instituto de Migracións Ecosociais é unha organización sen ánimo de lucro, aconfesional e apartidista que nace en 2024 para dar resposta ás necesidades da poboación migrante na Coruña e contorna. Buscamos incidir positivamente na nosa realidade e aportar solucións a un fenómeno estrutural como o das migracións para acadar unha sociedade máis xusta e diversa. En Caguama entendemos a intervención desde unha perspectiva ecosocial, actuando desde parámetros decoloniais, antirracistas, feministas e ecoloxistas. Consideramos que só desde esta óptica poderemos incidir de forma efectiva en tódalas cuestións que atravesan á poboación migrante. Somos unha equipa multidisciplinar de persoas que teñen unha ampla experiencia no ámbito das migracións. Somos profesionais do dereito, a mediación cultural, a psicoloxía, o traballo social e a educación social. Cremos no traballo en rede con outras entidades do terceiro sector e outros axentes sociais, así como coas Administracións públicas. Temos a convicción de que o traballo coa poboación migrante debe facerse desde a horizontalidade, buscando a conexión coas persoas para entender a súa situación e contexto, para aportar unha resposta á mesma.

Employees
1 to 10

Leadership

The top of Caguama Instituto de Migracións Ecosociais's org chart, with how many people report into each leader.

RCPhoto of Rodrigo Gil Cedillo

Rodrigo Gil Cedillo

Cofundador

Jobs at Caguama Instituto de Migracións Ecosociais

No open positions right now. Explore more companies on TheJobsMap.