Consello Consultivo de Galicia jobs and careers
Spain
About Consello Consultivo de Galicia
O Consello Consultivo de Galicia, creado pola Lei 9/1995, do 10 de novembro, e regulado na actualidade pola Lei 3/2014, do 24 de abril, é o supremo órgano consultivo da Xunta de Galicia e das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e actúa con independencia respecto de calquera órgano e, en garantía dela, goza de autonomía orgánica e funcional, non estando os seus membros ligados por ningún mandato imperativo. O Consello Consultivo de Galicia emite ditame en cantos asuntos, relativos ás materias previstas na Lei 3/2014, sexan sometidos á súa consulta pola Presidencia da Xunta de Galicia, o Consello da Xunta ou calquera das persoas que forman parte del, as administracións do sector público autonómico, as entidades locais e as universidades públicas de Galicia. No desempeño da súa función ditaminadora, o Consello Consultivo de Galicia exercerá o control previo do rigor técnico xurídico das actuacións do órgano consultante, velando pola observancia da Constitución, do Estatuto de autonomía de Galicia e do resto do ordenamento xurídico, sen estenderse en valoracións de oportunidade ou conveniencia, agás que así o solicite expresamente o órgano consultante. A consulta ao Consello Consultivo de Galicia será preceptiva cando así se estableza por lei e os seus ditames non serán vinculantes, agás que por lei se dispoña expresamente o contrario. Os asuntos sobre os que ditamine o Consello Consultivo de Galicia non poderán ser sometidos polo órgano consultante a ditame posterior doutro órgano ou institución consultiva.
- Employees
- 1 to 10
- Headquarters
- Spain
Jobs at Consello Consultivo de Galicia
No open positions right now. Explore more companies on TheJobsMap.